sábado, 23 de marzo de 2024

CANGURO MATEMÁTICO

 O pasado 21 de marzo o noso centro participou na XXIX edición do CANGURO MATEMÁTICO. É unha actividade que se realizou en máis de 100 países de todo o mundo cunha participación estimada de máis de 100 millóns de alumn@s. En España participaron 25375 alumn@s, 32 do noso instituto. Os rapaces tiveron que resolver 30 problemas de resposta múltiple.


Os profesor@s que ensinamos Matemáticas no IES Manuel Murguía decatámonos da súa importancia na vida cotiá e transmitimos este entusiasmo aos nosos alumnos. ¡Todo un reto!


Os gañadores de cada un dos niveis participarán nun campamento en Segovia. ¡¡¡¡¡MOITÍSIMA SORTE A TODOS!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividades químicas nos recreos