jueves, 30 de junio de 2022

Descompoñendo peróxido de hidróxeno

 Que ben nos veu o volcán!! Fixémolo "erupcionar" descompoñendo peróxido de hidróxeno usando ioduro de potasio como catalizador.🌋🌋🌋🌋🌋



Reacción entre iodo e polvo de cinc

 Reacción entre iodo e polvo de cinc, un pouco de agua... e co calor desprendido sublima o iodo.





Cristalización de sulfato de cobre (II)

 Outra cristalización en marcha!!! Esta vez foi con sulfato de cobre (II)






Cristalización de dihidróxenofosfato de amonio.

O alumnado de 4ESO A realizou a cristalización de dihidróxenofosfato de amonio.

Primeiro fixeron disolucións saturadas, despois unhas gotas de colorantes alimentarios e pasados uns días... cristais espectaculares!!

Que gusto poder contar con este grupo de alumnos!! Pasámolo moi ben no laboratorio 🤩





Actividades ácido-base:

 Actividades ácido-base:


- Elaboramos papel indicador coa cúrcuma que xa tiñamos preparada.

- Probamos a cúrcuma e a lombarda con substancias ácidas, básicas e neutras para ver as cores.

- Probamos o papel indicador de cúrcuma e comparámolo co comercial de tornasol

Encantáronnos os resultados.

















Traballando con pigmentos

 Usando os pigmentos obtidos no laboratorio de bioloxía, elaboramos indicador con lombarda. Tamén fixemos indicador con cúrcuma.

Grazas aos rapaces polo traballo realizado









Proxectos de estatística

 Proxectos de estatística elaborados polo alumnado de 2º e 4º da ESO









Visita ao CiMUS

 Visita ao CiMUS (Centro de investigación en Medicina Molecular e Enfermidades, na USC) da profesora de Bioloxía Lorena e o seu alumnado.









lunes, 13 de junio de 2022

VISITA AO MUNCYT

O pasado xoves 9 de xuño visitamos co alumnado de 4º de ESO A e D o MUNCYT e participamos no obradoiro de electricidade e electrónica que resultou moi divertido.

Tamén tivemos tempo para dar unha volta polo Monte de San Pedro e gozar das vistas. Rematamos a mañá de picnic no paseo marítimo da Coruña.
                        Grazas a tod@s pola participación.





























martes, 7 de junio de 2022

Rompendo corazóns no Manuel murguía

 O venres 3 de xuño, o alumnado de 1⁰ de bacherelato, guiados pola súa profesora Patricia, andiveron a romper corazóns no Manuel Murguía.

Foi unha actividade de disección de corazóns no laboratorio de Bioloxía.
Gustou moito, pero se tes aprensión polo sangue, non mires as fotos.













Actividade con egagrópilas

 

Os alumnos de Bioloxía de 1⁰ de bacherelato, fixeron coa súa profesora Patricia unha actividade con egagrópilas.
Que son as egagrópilas?
Son bólas formadas por restos de alimentos non dixeridos e regurxitados por algunhas aves carnívoras.
Nas fotos podedes ver as egagrópilas e os osiños que extraeron dela

















DIA DA CIENCIA EN GALEGO

 No mes de novembro de 2023, celebramos o Día da Ciencia en Galego, nesta ocasión co lema "Saúde para todos" homenaxeando a Alexan...