viernes, 23 de diciembre de 2022

Difusión de pingas de colorantes en auga fría, quente e morna e en auga e aceite


 Rematamos esta tanda dos mércores ata que o 2023 nos sorprenda con novas aventuras científicas.

Mostramos os mellores momentos: difusión de pingas de colorantes en auga fría, quente e morna e en auga e aceite. Como desfrutan probando a mesturalo todo....

O mellor, o entusiasmo do alumnado que é o máis gratificante 🤗🤗🤗🤗




jueves, 22 de diciembre de 2022

martes, 20 de diciembre de 2022

Células no microscopio

 No último Biomartes antes das vacacións de Nadal, o alumnado puido observar as súas propias células ao microscopio. Obtiveron mostras do epitelio bucal, e tras unha tinción simple observámolas co microscopio óptico.



domingo, 18 de diciembre de 2022

sábado, 17 de diciembre de 2022

BO NADAL E FELIZ 2023

 Outra forma científica de celebrar o Nadal no Murguía. Árbore realizada por alumnado de primeiro de bacharelato usando disolucións de sales de cobalto, níquel, cobre, manganeso... e bases con indicadores naturais elaborados o curso pasado como a lombarda.

Grazas polo estupendo traballo!!!🎄🎅❄☃️



ÁRBORE DE NADAL

 E rematado o traballo, o club de ciencia do IES Manuel Murguía deséxavos unhas moi felices festas e un fantástico 2023.

Grazas pola dedicación e entusiasmo dos rapaces e rapazas que realizaron a nosa árbore.🎄🎄🎄🎄



miércoles, 14 de diciembre de 2022

"Difusión de pingas de colorantes alimentarios en leite".

Nova actividade do grupo dos mércores do club de ciencia: "Difusión de pingas de colorantes alimentarios en leite".

Co xabón rompemos a tensión superficial do leite e as cores saen despedidas afastándose del. Á vez, o xabón atrapa as graxas e crea correntes e remuíños coas cores.



DIA DA CIENCIA EN GALEGO

 No mes de novembro de 2023, celebramos o Día da Ciencia en Galego, nesta ocasión co lema "Saúde para todos" homenaxeando a Alexan...