lunes, 20 de febrero de 2023

Obradoiro de tintes naturais

Hoxe o alumnado do club de ciencias participou no obradoiro de tintes naturais impartido por Bea Rocha.

Fixeron vistosos estampados (con pinzas, canicas e gomas elásticas) e usaron tintes feitos con cebola (amarelo) e aguacate (rosa)
O noso agradecemento a Bea por ensinamos tanto e ao noso alumnado pola implicación.



Exposición de maquetas: ADN, o cariotipo humano e Modelos atómicos

Máis da Semana da Ciencia no IES Manuel Murguía: exposición de maquetas:

                        - ADN
                        -O Cariotipo humano
                        -Modelos atómicos: desde Dalton hasta Bohr




jueves, 16 de febrero de 2023

Exposición o Sol e Terra

 

Desde o martes temos no noso IES unha exposición temporal prestada pola Agrupación IO: O Sol e a Terra 🌞🌍

Animádevos a botarlle un ollo nestes días na entrada do edificio Sur.

O noso agradecemento a @agrupacionio🔭🌠🌌🌒🪐



miércoles, 15 de febrero de 2023

Programa Investiga San Rafael

 O luns 13 de febreiro visitáronnos dúas científicas do INIBIC a través do programa Investiga San Rafael. Viñéronlle a contar ao alumnado de 1° de bacharelato que é a carreira científica e a investigación biomédica, cales son as liñas de investigación actuais e a falar das posibles saídas laborais relacionadas coa investigación en ciencias: bioinformática, bioenxeñería, educación ambiental, estudos de impacto ambiental...

Destacamos a estas dúas mulleres, unha delas directora do proxecto, como exemplo na conmemoración do pasado 11 de febreiro do día da Muller e da Nena na Ciencia






martes, 14 de febrero de 2023

Obradoiros na Semana da Ciencia

 Exemplos de actividades experimentais e elaboración de figuras xeométricas.




  IES Manuel Murguía xa estamos inmersos na Semana da Ciencia. Iremos publicando pouco a pouco todas as actividades que se están desenvolvendo. Comezamos con dúas pequenas exposicións que temos na entrada:

- Científicos relacionados coas forzas e o movemento

- Xeometría fractal












viernes, 10 de febrero de 2023

Semana da Ciencia no noso IES

 Obradoiros, exposicións, charlas... 🔶️🔷️ 🌞🔬🧪🧫⚗️🌠🎨🥑🧅🐕🌿✂️📐📈🧲🔻🔹️🔸️



viernes, 3 de febrero de 2023

Acidificación dos océanos.

 3º Biomartes: Acidificación dos océanos.

Nesta ocasión aprendemos o que é o pH e como funcionan os indicadores de acidez (fixemos probas cun indicador feito con col lombarda e varias substancias: lixivia, zume de limón, vinagre...), experimentamos para comprobar a relación entre o cambio climático e acidificación dos océanos, e como iso pode afectar aos seres vivos, observando que lle pasa ás cunchas mariñas en medio ácido.

Parece que desta vez tamén o pasamos bomba. 🧫🔬🌊🌎



miércoles, 1 de febrero de 2023

Visita a Facultade de Ciencias da UDC

 Hoxe o alumnado de 1° de bacharelato que cursa física e química visitou a Facultade de Ciencias da UDC, con experiencias nos laboratorios incluídas.

🧪🔬🧫⚗️






DIA DA CIENCIA EN GALEGO

 No mes de novembro de 2023, celebramos o Día da Ciencia en Galego, nesta ocasión co lema "Saúde para todos" homenaxeando a Alexan...