domingo, 12 de noviembre de 2023

DIA DA CIENCIA EN GALEGO

 No mes de novembro de 2023, celebramos o Día da Ciencia en Galego, nesta ocasión co lema "Saúde para todos" homenaxeando a Alexander Fleming e a Domingo García-Sabell.

Máis información en https://www.igaciencia.eu/gl/taxonomia/galego





viernes, 20 de octubre de 2023

NOVAS ACTIVIDADES DO CLUB

 En breve comezaremos a realizar as primeiras actividades. Deixámosvos aquí un adianto. Lembra entrar na aula virtual do Club e revisar se estás matriculado/a (aínda que estiveras noutros anos, agora debes facelo de novo). Despois recibirás a través de mensaxes no foro información para apuntarte ás actividades que che interesen.



martes, 17 de octubre de 2023

TÁBOA PERIÓDICA

 

Táboa periódica moi interesante. Poden verse os usos máis habituais dos elementos químicos.

Compartida por @saber.detodo.





miércoles, 27 de septiembre de 2023

VOLTAMOS

 Para abrir boca coa ciencia, comezamos con alumnado de 2º de bacharelato observando algunhas reaccións químicas.


Reacción entre o permanganato de potasio e o azucre en medio básico, onde vemos cambios de cor.


Descomposición do peróxido de hidróxeno usando ioduro de potasio como catalizador, atrapamos os gases con xabón.


Reacción entre cinc e ioido sólidos finamente pulverizados. Favorecemos a cinética engadindo unhas pingas de auga e cos calor desprendida (proceso exotérmico), prodúcese a sublimación do exceso de iodo.










DIA DA CIENCIA EN GALEGO

 No mes de novembro de 2023, celebramos o Día da Ciencia en Galego, nesta ocasión co lema "Saúde para todos" homenaxeando a Alexan...