O luns 13 de febreiro visitáronnos dúas científicas do INIBIC a través do programa Investiga San Rafael. Viñéronlle a contar ao alumnado de 1° de bacharelato que é a carreira científica e a investigación biomédica, cales son as liñas de investigación actuais e a falar das posibles saídas laborais relacionadas coa investigación en ciencias: bioinformática, bioenxeñería, educación ambiental, estudos de impacto ambiental...
Destacamos a estas dúas mulleres, unha delas directora do proxecto, como exemplo na conmemoración do pasado 11 de febreiro do día da Muller e da Nena na Ciencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario