Hoxe o alumnado do club de ciencias participou no obradoiro de tintes naturais impartido por Bea Rocha.
lunes, 20 de febrero de 2023
Obradoiro de tintes naturais
Exposición de maquetas: ADN, o cariotipo humano e Modelos atómicos
Máis da Semana da Ciencia no IES Manuel Murguía: exposición de maquetas:
jueves, 16 de febrero de 2023
Exposición o Sol e Terra
Desde o martes temos no noso IES unha exposición temporal prestada pola Agrupación IO: O Sol e a Terra 🌞🌍
Animádevos a botarlle un ollo nestes días na entrada do edificio Sur.
O noso agradecemento a @agrupacionio🔭🌠🌌🌒🪐
miércoles, 15 de febrero de 2023
Programa Investiga San Rafael
O luns 13 de febreiro visitáronnos dúas científicas do INIBIC a través do programa Investiga San Rafael. Viñéronlle a contar ao alumnado de 1° de bacharelato que é a carreira científica e a investigación biomédica, cales son as liñas de investigación actuais e a falar das posibles saídas laborais relacionadas coa investigación en ciencias: bioinformática, bioenxeñería, educación ambiental, estudos de impacto ambiental...
Destacamos a estas dúas mulleres, unha delas directora do proxecto, como exemplo na conmemoración do pasado 11 de febreiro do día da Muller e da Nena na Ciencia
martes, 14 de febrero de 2023
sábado, 11 de febrero de 2023
11 de febreiro. Día internacional da muller e da nena na ciencia.
11 de febreiro. Día internacional da muller e da nena na ciencia.
Ver información no seguinte enlace:
https://www.un.org/es/observances/women-and-girls-in-science-day
viernes, 10 de febrero de 2023
lunes, 6 de febrero de 2023
viernes, 3 de febrero de 2023
Acidificación dos océanos.
3º Biomartes: Acidificación dos océanos.
Nesta ocasión aprendemos o que é o pH e como funcionan os indicadores de acidez (fixemos probas cun indicador feito con col lombarda e varias substancias: lixivia, zume de limón, vinagre...), experimentamos para comprobar a relación entre o cambio climático e acidificación dos océanos, e como iso pode afectar aos seres vivos, observando que lle pasa ás cunchas mariñas en medio ácido.
Parece que desta vez tamén o pasamos bomba. 🧫🔬🌊🌎
miércoles, 1 de febrero de 2023
Visita a Facultade de Ciencias da UDC
-
O pasado martes estivemos "xaboneando" guiados por @3bubblessoapam. Aprendéronnos os compoñentes dun xabón, como facer os cálculo...
-
O alumnado de 4ESO A realizou a cristalización de dihidróxenofosfato de amonio. Primeiro fixeron disolucións saturadas, despois unhas gotas ...
-
Visita ao CiMUS (Centro de investigación en Medicina Molecular e Enfermidades, na USC) da profesora de Bioloxía Lorena e o seu alumnado.