domingo, 23 de enero de 2022

 

concurso “portas científicas” semana da ciencia 7 a 11 febreiro

 Cada ano celébrase no IES Manuel Murguía unha Semana da Ciencia, coincidindo co 11 de febreiro, que é o día da muller e da nena na ciencia.

Este ano, no marco desta celebración, proponse a todos os cursos da ESO un Concurso de decoración de portas con temática científica.

Cada clase decorará a porta de entrada da clase cun motivo científico.

Un xurado escollerá a porta mellor decorada.

A clase gañadora terá como premio unha excursión aínda por determinar.

A  porta ten que estar rematada o 11 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISUAL THINKING

 Visual thinking, unha metodoloxía de expresión gráfica para facilitar a comprensión de conceptos complexos na materia de física e química d...