lunes, 29 de abril de 2024

VISUAL THINKING

 Visual thinking, unha metodoloxía de expresión gráfica para facilitar a comprensión de conceptos complexos na materia de física e química de 2° ESO.



viernes, 19 de abril de 2024

sábado, 23 de marzo de 2024

CANGURO MATEMÁTICO

 O pasado 21 de marzo o noso centro participou na XXIX edición do CANGURO MATEMÁTICO. É unha actividade que se realizou en máis de 100 países de todo o mundo cunha participación estimada de máis de 100 millóns de alumn@s. En España participaron 25375 alumn@s, 32 do noso instituto. Os rapaces tiveron que resolver 30 problemas de resposta múltiple.


Os profesor@s que ensinamos Matemáticas no IES Manuel Murguía decatámonos da súa importancia na vida cotiá e transmitimos este entusiasmo aos nosos alumnos. ¡Todo un reto!


Os gañadores de cada un dos niveis participarán nun campamento en Segovia. ¡¡¡¡¡MOITÍSIMA SORTE A TODOS!!!!



lunes, 18 de marzo de 2024

GAÑADORES PORTAS CIENTÍFICAS

 Entrega dos diplomas aos grupos gañadores das portas científicas por parte dos seus profesores Xosé e Sara.



viernes, 23 de febrero de 2024

FALADOIRO EXALUMNOS E ALUMNAS

 Faladoiro de antigos alumnos e alumnas do noso centro, hoxe estudantes universitarios🎓

Julia, Arancha, Meryem, Gonzalo, Iago e Natalia achegaron ao alumnado de 4°ESO as súas experiencias na vida universitaria nas súas respectivas carreiras. Moitas grazas por visitarnos e transmitir tan ben as vosas vivencias!!



jueves, 22 de febrero de 2024

TALLER DE ELABORACIÓNS DE XABÓNS

 Estes martes tivemos a sorte de contar coa axuda de Pam de @3bubblessoapam para guiarnos na elaboración de xabóns. Resultou unha tarde moi entretida e nuns 40 días o alumnado poderá usar xa o seu propio xabón.



miércoles, 21 de febrero de 2024

DECORACION DAS PORTAS DAS AULAS

 Estes días estamos "celebrando a ciencia" no Murguía.

Xa está en marcha a decoración das portas das aulas. Máis de 30 portas en proceso!!!

Estaremos pendentes para ver os avances...🤔😊👏👏




VISUAL THINKING

 Visual thinking, unha metodoloxía de expresión gráfica para facilitar a comprensión de conceptos complexos na materia de física e química d...