O pasado martes estivemos "xaboneando" guiados por @3bubblessoapam.
Aprendéronnos os compoñentes dun xabón, como facer os cálculos e puxémonos mans á obra. Fixemos un xabón con aceite reciclado, para lavar a louza ou a roupa e outro xabón cosmético para a pel, moi cheiroso grazas ós aceites esenciais que escollemos. Agora hai que agardar 40 días a que rematen o proceso de curación ¡e listo!
Unha gozada de taller e unha gozada de alumnado, sempre tan disposto e traballador. Grazas equipo!