Que ben nos veu o volcán!! Fixémolo "erupcionar" descompoñendo peróxido de hidróxeno usando ioduro de potasio como catalizador.🌋🌋🌋🌋🌋
jueves, 30 de junio de 2022
Reacción entre iodo e polvo de cinc
Reacción entre iodo e polvo de cinc, un pouco de agua... e co calor desprendido sublima o iodo.
Cristalización de dihidróxenofosfato de amonio.
O alumnado de 4ESO A realizou a cristalización de dihidróxenofosfato de amonio.
Primeiro fixeron disolucións saturadas, despois unhas gotas de colorantes alimentarios e pasados uns días... cristais espectaculares!!
Que gusto poder contar con este grupo de alumnos!! Pasámolo moi ben no laboratorio 🤩
Actividades ácido-base:
Actividades ácido-base:
- Elaboramos papel indicador coa cúrcuma que xa tiñamos preparada.
- Probamos a cúrcuma e a lombarda con substancias ácidas, básicas e neutras para ver as cores.
- Probamos o papel indicador de cúrcuma e comparámolo co comercial de tornasol
Encantáronnos os resultados.
Traballando con pigmentos
Usando os pigmentos obtidos no laboratorio de bioloxía, elaboramos indicador con lombarda. Tamén fixemos indicador con cúrcuma.
Grazas aos rapaces polo traballo realizado
Visita ao CiMUS
Visita ao CiMUS (Centro de investigación en Medicina Molecular e Enfermidades, na USC) da profesora de Bioloxía Lorena e o seu alumnado.
lunes, 13 de junio de 2022
VISITA AO MUNCYT
O pasado xoves 9 de xuño visitamos co alumnado de 4º de ESO A e D o MUNCYT e participamos no obradoiro de electricidade e electrónica que resultou moi divertido.
domingo, 12 de junio de 2022
miércoles, 8 de junio de 2022
martes, 7 de junio de 2022
Rompendo corazóns no Manuel murguía
O venres 3 de xuño, o alumnado de 1⁰ de bacherelato, guiados pola súa profesora Patricia, andiveron a romper corazóns no Manuel Murguía.
Foi unha actividade de disección de corazóns no laboratorio de Bioloxía.Gustou moito, pero se tes aprensión polo sangue, non mires as fotos.
Actividade con egagrópilas
Os alumnos de Bioloxía de 1⁰ de bacherelato, fixeron coa súa profesora Patricia unha actividade con egagrópilas.
Que son as egagrópilas?
Son bólas formadas por restos de alimentos non dixeridos e regurxitados por algunhas aves carnívoras.
Nas fotos podedes ver as egagrópilas e os osiños que extraeron dela
-
O pasado martes estivemos "xaboneando" guiados por @3bubblessoapam. Aprendéronnos os compoñentes dun xabón, como facer os cálculo...
-
O alumnado de 4ESO A realizou a cristalización de dihidróxenofosfato de amonio. Primeiro fixeron disolucións saturadas, despois unhas gotas ...
-
Visita ao CiMUS (Centro de investigación en Medicina Molecular e Enfermidades, na USC) da profesora de Bioloxía Lorena e o seu alumnado.